Este é o Rap do Magosto de Paco Nogueiras. Imos a cantalo!
Rap do Magosto
Castaña, castaña, do chan se apaña,
Metida no ourizo non é una “patraña”.
Magosto, magosto, non vaias co posto
Leva castañas e alegra ese corpo.
Coidado cos dedos, pódeste picar,
O castiñeiro protexe o seu froito vital.
Apañando con tino metendo nun cesto,
Deixando secar a castaña ao solleiro.
Despois de ben secas, mételle o dente,
Ponas ao lume para que estean ben quentes.
Despois dun tempiño están preparadas
Comemos castañas, castañas asadas.
Tamén é costume furar a
tixola
Para asar as castañas. A tixola mola!
Hai outros que queren facelas cocidas,
Fiúncho e cachelos, castañas fervidas.
Non hai desperdicio, non perdas o tempo,
Tan só hai que poñer en bo uso o peteiro.
Deixádeme agora que convide eu.
Castañas, castañas, non sexas baldreu!
(Retrouso)